A Panadería Fachal é unha pequena empresa familiar fundada en 1980 no
lugar de Sergude, Boqueixón, onde actualmente conta co seu obradoiro e
despacho de produtos.
Dende as súas orixes elabora pan artesán
co método máis tradicional, empregando fermento, fariña do país e moi
pouca levadura. Co paso dos anos foi incorporando novos e modernos
sistemas tecnolóxicos cos que pode atender calquera pedido, por
extraordinario que sexa, ao longo dunha mañá.
Cada fin de semana elaboran e comercializan as máis saborosas e variadas empanadas de peixe, marisco e carne. O seu segredo: "a calidade da materia prima e a cebola pochada no noso obradoiro'.
Na súa pastelería pódense atopar exquisitas tortas, pasteis, roscóns e ensaimadas. Baixo pedido, ademais, é posible comprar tortas artísticas de fondant, galletas decoradas e Pop cakes.
Puntos de venda:
- Obradoiro e despacho: Gándara, 2, Sergude, Boqueixón
- Despacho: R/ Fernando III El Santo, 26, Santiago de Compostela